Páginas vistas en total

martes, 12 de junio de 2012

Dereita-Esquerda. ¿Centro?

Nun princio era deus, ese ser inventado polos homes para non sentirse sós e espantar os seus medos 

«Dijo Yahvé a mi Señor: siéntate a mi derecha, mientras pongo a tus 
enemigos como estrado de tus pies» (Sal 109,1; Mc 12,36;
«Lleno del Espíritu Santo, miró fijamente al cielo y vio la gloria de Dios y a 
Jesús, que estaba a la derecha de Dios» (Hch 7, 55-56).
«Él [Jesús], habiendo ofrecido por los pecados un solo sacrificio se sentó 
a la derecha de Dios para siempre, esperando desde entonces hasta que 
sus enemigos sean puestos por estrado de sus pies» (Hb 10, 12).

Ben se ve a tendencia do Catolicismo pola dereita: os diestros son bos, os sinistros son malos(siniestro)

Arredor de deus fóronse sentando os homes:
-Os potentados, ricos, aristócratas, burgueses, ministros das relixións, etc., á súa dereita
-Os pobres, xente de a pé, intelectuais, etc., á súa esquerda

E de aquí naceron ás dereitas e esquerdas en política

Polo tanto o centro é deus e non existe en política, é un espazo político orientativo.

Dende a perspectiva histórica, o centro é un invento contemporáneo.

Polo que o centro, centro-dereita e centro-esquerda en política non existen, por moito que o queiran maquillar así certos políticos. Existe a Dereita e a Esquerda, o centro é deus(por eso todos queren tender ó centro) e deus non é politico(aínda que as relixións o queiran politizar) 

 Ata a Idade Media, en Galiza e en Hespanha, os señores feudais e os bispos enfrontábanse contínuamente ata que o sumiso pobo se decatou de que eran maioría e podían facer valer a súa dignidade co que se chegou ás revoltas das crases baixas contra os poderes que os oprimían: As revoltas Irmandiñas. Entón a Igrexa e os grandes señores xuntáronse e dixeron: eles son máis e venceránnos, xuntémonos e fagámosnos fortes, e dende aquela van collidos da man a dereita-igrexa contra o pobo que os sostén económicamente. O pobo non soupo nunca máis facer a revolución que os emancipase das forzas opresoras. 


Hoxe seguimos igual: a minoría da dereita segue enganado ó pobo e chupándolle a suor da que viven opulentamente. Mentras o pobo segue con medo e arrimado ó árbore máis grande aínda que sexan feridos polos raios ca árbore atrae.
Unha das formas máis comúns de chupárnolo sangue é co traballo. Primeiro cómenolo coco dicindo que hai que traballar máis, que sin traballo non hai nada, e é ben certo que hai que traballar, sobre todo si queremos obter tódolos caprichos e artículos "necesarios" que o sistema capitalista e de consumo nos "ofrece".
Logo chúpanolo suor facendo que produzamos o máis posible en beneficio dos grandes empresarios(a pequena empresa non é a que obtén os grandes beneficios).
E o final apoiados nos sistemas de consumo e publicidade mercamos eses productos que nós mesmos producimos e polos que eses grandes empresarios obtén pingües beneficios.
Hai moitas persoas que coidan que por que teñen unha pequena empresa, catro vacas ou unhas cadelas no banco xa son potentados e a dereita favoreceráos. Nunca cousa máis lonxe, a dereita usaráos coma moeda de cambio e pasarállela man pola espádoa cando precise deles pero igualmente serán ninguneados e instrumento dos seus intereses.
 

Na política moderna queren facer ver que non hai dereitas nin esquerdas camuflándose con nomes coma socialdemócratas, laboristas, etc., pero o certo é que son de dereita(ricos e Igrexa) ou de esquerda(pobres e soñadores).

E que pasa ca esquerda. Pois pasa que unha vez que acadan o poder enchen o bandullo e acaban aburguesándose polo que se van convertendo en afíns á dereita.
¿Que é o que podemos facer? Cando eses partidos se van cebando votarlle a outros máis pequenos igualmente de esquerdas que defendan os nosos dereitos. E non vale decir que é encher dous porcos cando unha vez está un cebado xa non engordará máis, non, o porco xa cebado coñece a forma de engordar máis e faráo e o porco por cebar aínda non coñece os intrígulis da enchenta e roubarános menos.

Para a clase media-baixa votar á dereita é como si os homes de cor negra lle votaran ao KKK, ou coma si as mulleres maltratadas lle votaran aos violadores, pero a ignorancia política e o descoñecemento da historia é o que ten...